Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 1255
Clasificación Genérica 11.Xogos e xoguetes; 11.ACTIVIDADES LÚDICAS
Objeto/Documento xoguete
Materia/Soporte folladelata
Técnica produción industrial
Dimensiones Longo = 12 cm; Alto = 14,50 cm; Ancho = 12 cm
Descripción Xoguete (pallaso pintor).
Xoguete de folla de lata composto por unha base cadrada cunha moldura no bordo, esta base ten impresa unha litografía cun debuxo dunha alfombra de frecos de cor dourada e marrón. Sobre a alfombra un pallaso sentado sobre un tallo cadrado branco con decoración vermella. O pallaso leva zapatos rematados en punta de cor vermella e azul, pantalón amarelo cunha raia lateral azul, unha camisa de raias brancas e vermellas con oito botóns vermellos no peito dispostos de dous en dous, as mangas son amarelas. Sobre ela un chaleque azul longo por detrás que baixa ata a parte baixa do tallo. O chaleque ten na espalda dous botóns amarelos e un en cada peteira. No colo leva unha gola branca plisada con adornos en vermello. Ten a cara pintada de branco con beizos vermellos, no nariz un luar azul e nas meixelas senllos triángulos tamén azuis. Ten un gorro cónico coma un cucurucho branco con raias azuis e un pompón vermello na parte central do bordo dianteiro. A parte superior da mesma tamén é vermella. O pallaso ten na man tres pinceis e na outra un. Esta é a que simula que pinta, por medio dun mecanismo que está baixo a base e se acciona cunha manivela pola parte traseira da base do pallaso. Este pinta nun taboleiro con patas de folla de lata que ten enfronte del. Os cores están impresos por litografía e unhas partes fíxanse as outras por medio de pestanas.
A parte baixa ten tapa de forma cadrada cunhas pestanas para encaixar no xoguete e tapar o mecanismo. Por dentro é dourada e por fóra leva a marca do xoguete.
Inscripciones/Leyendas Na base, nun debuxo dun triángulo invertido atravesado por unha lazada
MADE IN GERMAN / D.P.P. / P.h. V. (estrela) / F / ARTIST / HUTZ MARKE / (cruz) PATENTA (estrela)
Lugar de Procedencia Vilar da Barra
Lugar Específico/Yacimiento Pazo de los Arrojo
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6